AGESTIC

Noticias

Sección creada e actualizada polo Técnico de Programas de Cooperación de AGESTIC.

Rede de Técnicos de Emprego de Galicia

Seminario técnico sobre o servidor de aplicacións JBoss

Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG)

Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Traballo e Benestar o día 28 de abril, de 16:30 a 20:30 horas, terá lugar no salón de actos do CNTG un seminario técnico sobre o servidor de aplicacións JBoss

O obxectivos deste seminario consisten en trasladar aos asistentes os coñecementos relativos instalación, administración, configuración, despregue e securización de JBoss

Este seminario esta dirixido preferentemente a administradores/as e desenvolvedores/as middleware, a administradores/as de sistemas e, en xeral, a profesionais interesados nos contidos da xornada.

A Amtega e a AETG asesoran aos concellos para o despregamento de infraestruturas TIC

infraestruturas tic

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) pon á disposición dos concellos galegos un servizo de asesoramento sobre normativa e solucións técnicas para o despregamento de infraestruturas de telecomunicación. É unha das medidas recollidas no convenio de colaboración asinado esta mañá en Santiago de Compostela pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, e o presidente da AETG, Ramón Bermúdez de Castro.

Dende o 1 de abril, un equipo de traballo específico, integrado por enxeñeiros de telecomunicación, ofrecerá soporte centralizado e permanente ás entidades locais para resolver dúbidas sobre a aplicación da normativa e cuestións técnicas da implantación dos equipamentos de telecomunicación que afectan as actividades das administracións locais. Este servizo estará a disposición dos concellos a través do o teléfono 981 91 35 76 en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00h e no enderezo de correo electrónico oficinaconcellos@aetg.org.

Esta medida vén motivada polos numerosos cambios en materia das telecomunicacións que se están a producir nestes anos, e que repercuten nas actividades sobre as que exercen as súas competencias as entidades locais. Este novo servizo busca eliminar as dificultades de actualización normativa e de acceso á información tecnolóxica que condicionan o funcionamento diario destas Administracións Locais.

Posta en marcha do programa Innova en Galicia

gain

O Programa Innova en Galicia arrancará cunha liña de 5 millóns de euros para unir os centros de coñecemento e as grandes empresas na creación de entes de I+D+i, mobilizando un investimento de 16 millóns de euros. Este é o obxectivo dunha orde de axudas que o Consello da Xunta aprobará nas vindeiras semanas e que forma parte do programa ‘Innova en Galicia’, co que se pon en marcha a Estratexia de Especialización Intelixente, a RIS 3.

A actuación está orientada á posta en marcha en Galicia de centros mixtos de innovación constituídos entre grandes empresas e organismos galegos de xeración de coñecemento, é dicir, universidade, centros tecnolóxicos, fundacións sanitarias, os centros galegos do CSIC, etc.

Os obxectivos desta liña de traballo son, por unha banda, fixar actividade de grandes empresas en Galicia e, polo tanto, emprego; e, en segundo lugar, sacar o máximo rendemento da investigación galega ao garantir a transferencia ao mercado do coñecemento que se produce na nosa Autonomía.

Fonte: Xunta de Galicia Ler máis

Fundetec presenta en Madrid su nuevo proyecto PymeVerde

pymeverde

Enmarcado en el Programa empleaverde de la Fundación Biodiversidad y cofinanciado por el Fondo Social Europeo, este proyecto pretende concienciar a las pymes tecnológicas de la importancia de adoptar medidas responsables que favorezcan la sostenibilidad y la eficiencia energética, al tiempo que se traducen en un notable ahorro en la cuenta de resultados del negocio.

El objetvo es que las empresas participantes logren ahorrar un 10% en el consumo energético. La iniciativa pretende también fomentar el reciclaje de material informático para contribuir a reducir en un 20% la contaminación medioambiental procedente del sector de las Tecnologías de la Información y la Comunicación (TIC), a partir del diseño de unos planes de mantenimiento, optimización y reciclado de sus equipos tecnológicos.

Premian á aplicación móbil do Servizo Público de Emprego

Alejandro Casas

A aplicación MOBEM, que permite realizar xestións co Servizo Público de Emprego dende o móbil, vén de recibir o premio TIC nos Servizos Públicos de Emprego 2014 da Fundación Socinfo e a revista Sociedade da Información, galardón recibido hoxe polo xerente de proxectos da AMTEGA, Alejandro Casas, en representación da Administración autonómica. Esta ferramenta de balde está dispoñible actualmente para iOS, Android, BlackBerry e Windows Phone, e para identificarse fronte a mesma emprégase o mesmo nome de usuario e contrasinal que no portal de emprego (datos que poden acadarse ou recuperarse nas oficinas de emprego)...

Fonte: Código Cero Ler máis

Seminario sobre análise de datos en Big Data en Santiago

CNTG

Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Traballo e Benestar, o vindeiro día 24 de abril, luns, de 9:30 a 13:30 horas, terá lugar no salón de actos do CNTG un seminario sobre análise de datos en Big Data.

A xornada está dirixida á xestión, manipulación e consultas en tempo real de datos complexos utilizando linguaxes SQL e de script en Hadoop, aprendendo como Apache Pig e Apache Hive (ferramentas orixinais de Yahoo e Facebook) permiten a transformación de datos e a súa análise a través de filtros, joins e funcións definidas polo usuario doutras tecnoloxías.Na última parte da sesión ofrecerase unha visión orientada a casos de éxito e modelos de negocio nos que a ciencia de datos abre novos mercados ás empresas.

A sexta edición do FICOD xa ten data de comezo

ficod

Será no mes de decembro -os días 2, 3 e 4- cando se celebre en Madrid FICOD 2014, o Foro Internacional de Contidos Dixitais. Trátase da sexta edición dun encontro que redefiniu a súa estratexia no último ano xunto aos principais actores do mundo dos contidos dixitais. FICOD 2014 pretende ser un punto de encontro imprescindíbel entre empresas, profesionais, emprendedores, investidores, estudantes e todo aquel que estea interesado nos contidos dixitais...

Fonte: Código Cero Ler máis

Os informáticos reclaman que se equipare aos titulados pre-Bolonia ao marco de cualificacións de educación superior

marcos mata

Os Consellos Xerais de Enxeñaría e Enxeñaría Técnica en Informática veñen de facer unha nova reclamación de tipo formativo dirixida a favorecer, unha vez máis, que dende os organismos e institucións académicas e dende as institucións públicas estatais se lles dea ás ditas enxeñarías TIC o mesmo trato cás restantes enxeñarías. Esta petición foi achegada polo CCII e o CONCITI (o Consello Xeral de Enxeñaría Técnica en Informática que dirixe o galego Marcos Mata, tamén presidente do CPETIG) ao responsábel da Secretaría Xeral de Universidades, e consiste basicamente en lograr que o Ministerio de Educación equipare os antigos titulados pre-Bolonia ao Marco Español de Cualificacións da Educación Superior (MECES)...

Fonte: Código Cero Ler máis

A Xunta presenta o seu “manual de instrucións para a transformación dun país a través da innovación"

Xunta de galicia

O Goberno galego presentou hoxe a Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3), que permitirá a Galicia obter fondos europeos entre 2014 e 2020 e que guiará a transformación da economía galega cara un sistema produtivo baseado na innovación. O documento marca as directrices para mobilizar máis de 1.600 millóns de euros entre capital público e privado ata 2020 e a ambición das medidas que propón, resaltou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, a converte nunha “folla de ruta que trascende os límites do económico.

É o manual de instrucións para a transformación global do país”. O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, salientou que a RIS3, cuxa elaboración liderou o Goberno galego en coordinación coa Secretaría de Estado de Investigación, Desarrollo e Innovación e a Comisaría de Política Rexional da UE, é un mapa para acadar o que Galicia quere facer de si mesma nos vindeiros sete anos: “unha Galicia máis competitiva, capaz de crear emprego sostible” e que “aposte pola creatividade” como eixo do seu futuro.

Aplicación gratuita que informa sobre las mareas en la playa de As Catedrais

aplicación playa as catedrais mareas

Desde Ardinova (empresa miembro de AGESTIC) presentan una aplicación móvil que informa del estado de las mareas en la playa de As Catedrais y, de esta manera, informa a los miles de turistas que la visitan de las horas a las que se puede acceder al arenal.Además, aporta información sobre la climatología prevista para la jornada.

La playa de As Catedrais, ubicada en el municipio lucense de Ribadeo, acaba de ser reconocida como la segunda mejor playa de España, la cuarta a nivel europeo y 15 a nivel mundial, según la web de viajes TripAdvisor, en base a los comentarios y calificaciones hechas por los viajeros.

Sin embargo, las características orográficas de la playa impiden el acceso a cualquier hora del día, ya que sólo se puede bajar al arenal con marea baja, lo que sucede sólo dos veces al día en función de las mareas, que continuamente están en cambio.