AGESTIC

TIC

Sección creada e actualizada polo Técnico de Programas de Cooperación de AGESTIC.

Rede de Técnicos de Emprego de Galicia

IV Conferencia Internacional de Clusters en Santiago de Compostela

Santiago de Compostela acollerá, o próximo día 7 de maio, a IV Conferencia Internacional de Clústers organizada pola Consellería de Economía e Industria no ámbito do proxecto ATClusters, que lidera o Igape e no que participan axencias de desenvolvemento rexional (ADRs) do Vale do Ave (Portugal), Bretagne Innovation (Francia), SWRA (Irlanda) e IDEPA (Asturias).

O obxectivo deste encontro internacional, que se desenvolverá no Hotel Monumento San Francisco, é promover a cooperación entre clusters en Espazo Atlántico. Haberá mesas de debate centradas nos sectores naval, alimentario, textil e industriais creativas.

Programa:

Xornadas informativas en Galicia sobre o programa Horizon 2020

H2020

A Axencia Galega de Innovación (GAIN), en colaboración co Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI), organiza unha serie de xornadas informativas sobre o programa Horizon 2020. O obxectivo destas xornadas é dar a coñecer diferentes convocatorias deste programa que financia proxectos de investigación e innovación en diversas áreas temáticas no contexto europeo, contando con case 80.000 millóns de Euros para o período 2014-2020.

Estas xornadas terán un carácter eminentemente práctico, podendo manter as entidades que o desexen unha xuntanza bilateral cun representante de CDTI ou da Axencia Galega de Innovación.

Xornadas:

Oferta de cursos no Centro Demostrador TIC de Galicia

teclado

O obxectivo principal deste tipo de actividade é capacitar ás empresas asistentes a través de sesións, de carácter eminentemente práctico, guiadas por expertos. Cursos:

 

Mapa de solucións en produtividade e organización para traballadores do coñecemento

Fecha: 6 Maio 2014

Destinatarios: Responsables de pemes e de organismos de xestión pública. Traballadores do coñecemento (consultorías, asesorías, gabinetes de enxeñería, despachos de avogados, axencias de publicidade,…) e de calquera tipo de empresas.

 

Definición e planificación da estratexia das empresas TIC

Fecha: 8 Maio 2014 - 9 Maio 2014

Destinatarios: Directivos de empresas TIC

¿Dúbidas relacionadas coa propiedade industrial? Acude ao SEGAPI

segapi

Un dos medios dos que dispoñen as PEMES para poñer en valor a súa actividade innovadora e impulsar a súa competitividade é unha xestión eficaz da propiedade industrial. A Axencia Galega de Innovación ofrécelles apoio de distintas formas a través do Servizo Galego de Propiedade Industrial (SEGAPI):

• ofrece información en materia de propiedade industrial e sobre a súa integración como etapa clave nos procesos de innovación

• actúa como oficina de recepción e exame formal das solicitudes que, nesta materia, se presenten na Comunidade Autónoma de Galicia

• presta servizos relacionados coa utilización da propiedade industrial

O CESGA celebrou o Día das Rapazas nas TIC amosando propostas para equilibrar a balanza de xénero no sector

emprendedoras tic

Por desgraza o mundo das TIC segue a ser un mundo maioritariamente de homes. A nivel empresarial as cousas están así e a nivel educativo a situación tampouco é moi diferente. Unha vez máis, os culpábeis desta situación somos todos en maior ou menor medida, contribuíndo á permanencia de estereotipos que non responden a nada, e que comezan a presentárselles ás nenas e aos nenos dende idades ben temperás (cóntanse por centos os debuxos animados de máis audiencia que ofrecen roles femininos machistas e tradicionais). Dende a iniciativa europea ICT-Go-Girls, coordinada polo Centro de Supercomputación de Galicia, quérese inverter esta situación. E como facelo? Pois activando recursos dende a raizame desta discriminación: o ámbito educativo. Hoxe mesmo celebrouse na sede do CESGA o Día Internacional das Rapazas das TIC (Girls in ICT Day 2014) e ao abeiro da cita amosáronse múltiples exemplos de ideas preconcibidas que cómpre derrubar...

Fonte: Código Cero Ler máis

#NeThinking volverá a reflexionar sobre comunicación e contidos dixitais na Illa de San Simón

nethinking

Como xa avanzamos hai tres semanas, os vindeiros días 25 e 26 de abril desenvolverase unha nova edición de #NeThinking, encontro na Illa de San Simón que poderá seguirse remotamente a través de streaming e de redes sociais, e no que comunicadores e expertos na Internet debaterán sobre os novos medios, hábitos e modelos de consumo de contidos dixitais...

Fonte: Código Cero Ler nova

AGESTIC colabora en la jornada "Innova TIC Lugo 2014, mejoras en la gestión de la PYME"

Organizada por la Confederación Empresarios de Lugo, junto con Advantic y LivingSAP y con la colaboración de AGESTIC, la jornada informativa INNOVA TIC LUGO 2014, analizará las posibilidades que ofrecen las nuevas tecnologías para mejorar la eficiencia en la gestión de las pymes.

En esta línea, se analizarán en el marco de esta jornada cuestiones como nuevos retos, visión de la evolución tecnológica o mejores prácticas a través de SAP.

Lugar y fecha: en la sede central de la CEL (Pza. de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta LUGO) el día 6 de mayo de 201412:30 horas 

Inscripción: Aunque la entrada es libre, las plazas son limitadas y se requiere reserva previa inscripción

Objetivos:

  • dar una visión de la evolución en la manera de gestionar las PYMES con las nuevas tecnologías, e informar sobre las tendencias al respecto.
  • conocer conceptos como sistemas de gestión in-memory, internacionalización, la nube o movilidad, que pasarán a formar parte de nuestro día a día.
  • adelantarse a los cambios y preparar la empresa para los mismos.

Programa:

Igalia busca estudantes para unirse ao seu equipo de desenvolvedores

Igalia ofrece dúas vacantes para unirse ao seu equipo de desenvolvedores para realizar prácticas de verán ou cunha bolsa de colaboración para estudantes. A realización destas prácticas en Igalia está aberta a todos aqueles estudantes de titulacións en informática, ciencias da computación ou similares e que teñan máis do 50% dos créditos superados. Terán preferencia aqueles con coñecementos demostrables e compromiso co Software Libre. Requírese dominio de inglés escrito. No caso das prácticas de verán realizaranse un total de 350 horas, cunha contraprestación de 1.600€ e no caso da bolsa de colaboración definirase a duración da colaboración e a conseguinte contraprestación económica en función do interese e posibilidades da persoa seleccionada e do proxecto proposto, ofrecendo un máximo de 4.000€. A continuación recollemos as condicións, requisitos e instrucións de solicitude para ambos tipos de colaboración:

Fonte: Mancomu Ler máis

Nova web da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia AMTEGA

amtega

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de publicar a súa nova web, amtega.xunta.es, inspirada na cidadanía, con novas funcionalidades, máis contidos e cunha navegación máis intuitiva.

O novo portal da Amtega, cun deseño máis atractivo e innovador, maior usabilidade e interactividade, mantén o seu obxectivo de ser a canle de referencia para a comunicación, divulgación e promoción das diversas actividades que se realizan desde a Xunta de Galicia en materia de sociedade da información.

A tecnoloxía de lentes de Google achegarase a Galicia a través dunha serie de charlas

O director de proxecto de Mundo Glass, Andreu Ibáñez, profesional con máis de 25 anos de experiencia no sector TIC que actualmente dedica boa parte do seu tempo a tecnoloxías de Google entre as que destaca Glass, visitará Galicia os vindeiros días 24 e 25 convidado polos Grupos de Desenvolvedores de Google (GDG) das cidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña (estes dous últimos de recente formación), aproveitando para impartir relatorios sobre a tecnoloxía de Google Glass en cadansúa cidade, o que será unha excelente oportunidade para ver os populares lentes de Google en funcionamento. O primeiro destes eventos será ...

Fonte: Código Cero Ler máis