AGESTIC

Noticias

Sección creada e actualizada polo Técnico de Programas de Cooperación de AGESTIC.

Rede de Técnicos de Emprego de Galicia

Visual Trader incorpora na súa plataforma tecnoloxía innovadora da firma galega Qubitia

A empresa galega Qubitia Solutions vén de asinar un acordo de colaboración con Visual Trader, filial informática de BM, co obxectivo de integrar o sistema de creación de modelos de trading da firma de Pontevedra na plataforma Visual Trader. Sinalar que os sistemas de trading adoitan ser recursos informáticos desenvolvidos para canalizar da maneira máis axeitada as accións que queiramos realizar en Bolsa. Precisamente a plataforma de Qubitia que vai adoptar Visual Trader diríxese a facilitar aos participantes no mercado a creación, análise e control de algoritmos de trading a través dun editor gráfico de diagramas de fluxo, Qcaid. E todo isto sen requirir do usuario coñecementos de programación...

Fonte: Código Cero Ler máis

Betabeers Galicia celebrará a súa XIII edición no marco de Smart Weekend

Aproveitando que entre os días 6 e 8 de xuño o Coliseum da Coruña acolle a primeira edición de Smart Weekend, LAN party que colle o relevo da histórica Arroutada Party, teremos unha nova edición de Betabeers Galicia na cidade herculina, que desenvolverase o día 6 de 20:00 a 21:30 horas e onde poderase escoitar un relatorio técnico sobre o desenvolvemento de interfaces adaptables con HTML5, CSS3 e JavaScript impartido por Esteban Vázquez e Antonio Varela (socios fundadores de Tesla Technologies & Software) ao que seguirán as presentacións dun par de interesantes proxectos galegos: Avelino Correa darán conta da súa ferramenta CreAPPcuentos e Fátima Andrade explicará a súa experiencia de creación do marketplace con código aberto Saborplace...

Fonte: Código Cero Ler máis

Xornada en Santiago sobre Internacionalización de empresas TIC

Data:5 Xuño 2014 - 6 Xuño 2014

Hora: De 16:00h a 20:00h De 10:00h a 14:00h De 16:00h a 20:00h

Destinatarios: Directivos de empresas TIC

Descrición: Os directivos das empresas TIC poderán abordar os aspectos clave á hora de iniciar un proceso de internacionalización sexa cal sexa a fórmula: aperturas de filiais, colaboracións na distribución de produtos ou servizos, deslocalización de procesos produtivos, etc.

PROGRAMA XOVES DÍA 05

O CPEIG distingue a Bertha Guijarro como exemplo feminino no ámbito tecnolóxico

Bertha Guijarro

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de fallar o Premio Ada Byron, que busca dar visibilidade á participación feminina en todos os niveis da tecnoloxía (como usuarias, como emprendedoras, como xeradoras de innovacións, investigadoras e líderes), e que recaerá en Bertha Guijarro Berdiñas, vice coordinadora-responsable científica do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicación (CITIC) da Universidade da Coruña...

Fonte: Código Cero Ler máis

II edición da Spain StartUp en Galicia

spain startup

O Igape colabora na presentación en Galicia da 2ª edición da Startup Competition, destinada a promover a participación de emprendedores tecnolóxicos galegos neste certame internacional.

A presentación da Startup en Galicia desenvolverase o próximo venres, 23 de maio, a partir das 11 horas, no salón de actos do Edificio Cersia, en Santiago de Compostela (Rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n).

A Startup Competition ten por obxectivo localizar e atraer a este certame internacional os mellores proxectos tecnolóxicos galegos, tanto na fase de lanzamento como na de crecemento.

Máis información e inscricións

Redegal crea unha app móbil para facer máis doada a preparación dunha voda

redegalvodas

A empresa de enxeñería dixital para as vendas Redegal, vén de levar a cabo o desenvolvemento dunha aplicación móbil nativa coa finalidade de axudar de maneira simple e cómoda á organización dunha voda. Cómpre dicir que detrás deste proxecto atópase Mary Kay, unha compañía adicada á venda directa de produtos do coidado da pel e maquillaxe con máis de 50 anos de experiencia. Indo ao miolo da nova, Redegal desenvolveu e deseñou para Mary Kay Noivas ao estilo Mary Kay, unha aplicación móbil nativa tanto para o sistema operativo Android coma para IOS, que permite ...

Fonte: Código Cero Ler máis

Obradoiro de creación, desenvolvemento e comercialización de produtos TIC en software libre

Software Libre

Data: 23 Maio 2014

Hora: De 12:00h a 14:00h

Entidade organizadora e lugar: Amtega

Destinatarios: Directivos, responsables ou técnicos de empresas TIC

Descrición: Este curso permitirá aos asistentes coñecer as vantaxes e obrigas para poder integrar compoñentes de software libre no desenvolvemento do seu produto, comprender as dinámicas e o modelo de negocio baseado na colaboración no universo open source e identificar boas prácticas para xestionar a propiedade intelectual implicada na construción dun produto TIC.

PROGRAMA

Seminario: Optimización e axustes de rendemento en desenvolvementos Java

Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Traballo e Benestar o martes día 27 de maio, de 9:30 a 13:30 horas, terá lugar no salón de actos do CNTG un seminario técnico sobre optimización de desenvolvementos Java.

A xornada está orientada a trasladar aos/ás asistentes os coñecementos técnicos necesarios para optimizar desenvolvementos Java. O seminario está dirixido preferentemente a analistas-programadores/as, programadores/as e desenvolvedores/as Java e, en xeral, programadores/as e persoal técnico interesados en adquirir e/ou incrementar os seus coñecementos sobre a materia.

¿Es nuestro sector público innovador? La iAdministración vence al 'vuelva usted mañana'

Si con un tópico podría acabar la tecnología es con el «vuelva usted mañana» que durante muchos años se ha relacionado con las administraciones públicas y su burocracia. «Ahora no sólo podemos cómodamente desde casa obtener la vida laboral, la declaración de la renta o hacer trámites de cualquier ministerio sino que nos llega después un mensaje de aviso al móvil», apunta Ester Arizmendi, directora general de Modernización Administrativa, Procedimientos e Impulso de la Administración Electrónica del Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas (MINHAP). Y sigue: «Se acusa de inmovilismo, en relación a algunos otros sectores, pero hay que poner las cosas en su justa medida. Primero, el tamaño: segundo, las exigencias de control y seguridad»...

Fuente: El Mundo Leer más

A Xunta aproba unha liña de axudas para as empresas que se integren no futuro Centro de Emprendemento TIC

centro tic

O futuro Centro de Emprendemento TIC que se vai poñer en marcha na Cidade da Cultura en virtude dun acordo da Xunta con Telefónica vai recibir un importante pulo grazas a unha achega de 750.000 euros que canalizará a Administración autonómica a través dun programa de incentivos á excelencia innovadora para os proxectos que se incorporen ao mesmo, segundo anunciou hoxe o presidente Alberto Núñez Feijoo, quen sinalou que coa creación deste Centro de Emprendemento “recollemos un dos principais froitos do Pacto Tecnolóxico que temos asinado con 11 empresas de ámbito nacional e internacional” e engadiu que a contribución adicional da Xunta aprobada hoxe polo Consello demostra a vontade de “buscar os mellores tecnólogos e os mellores proxectos” e de facer “o máis atractivo posible” o proceso de selección dos emprendedores tecnolóxicos...

Fonte: Código Cero Ler máis