AGESTIC

TIC

Sección creada e actualizada polo Técnico de Programas de Cooperación de AGESTIC.

Rede de Técnicos de Emprego de Galicia

Jornada: Buenas Prácticas, Oportunidades y Estrategias para crecer con las TIC

El Centro Demostrador TIC de Galicia acogerá mañana jueves 31 de mayo la Jornada “Buenas Prácticas, Oportunidades y Estrategias para crecer con las TIC” y así acercar a las empresas gallegas tendencias tecnológicas que posibiliten la modernización de sus negocios. En las intervenciones previstas se darán a conocer nuevas tendencias tecnológicas que mejoran la competitividad y productividad como el “Software Libre en tiempos de crisis” o el “Cloud Computing”. La asistencia es gratuita, condicionada al aforo del local y previa inscripción en ...

Fuente: redticos Leer más

A Xunta fai balance do que deu de si o CDTIC no seu primeiro ano en funcionamento

Desde que se puxo en marcha o Centro Demostrador TIC de Galicia, hai agora un ano, preto de 40 empresas do sector tecnolóxico galego presentaron alí as súas solucións e ferramentas innovadoras, para poñelas a disposición do empresariado do país que precisara botar man delas para mellorar os seus negocios. Ás distintas xornadas demostradoras que se celebraron neste tempo asistiron máis de 350 profesionais galegos, que ademais de coñecer de primeira man os usos e vantaxes das ferramentas TIC presentadas, tamén tiveron ...

Fonte: Código Cero Ler máis

O CPEIG convoca o I Premio Open Data

Os proxectos candidatos poderanse presentar ata o 12 de xuño e defenderanse en público nunhas xornadas o 14 de xuño 

Open Data e RISP constitúen elementos xeradores de emprego e riqueza ao abrir a posibilidade de oportunidades de negocio para emprendedores que poden crear novas aplicacións, servizos e produtos en base a esta información.

O futuro encamíñase na dirección de modelos de negocio online que evolucionan constantemente para satisfacer a inmediatez e a personalización da demanda actual. Isto, xunto coa clara tendencia cara a un consumo cada vez máis dixital, coloca o sector empresarial diante dun reto dunha enorme envergadura, pero tamén ante un abano de oportunidades.

Para fomentar o coñecemento e potenciar o espírito emprendedor na nosa comunidade, o CPEIG convoca o I Premio Open Data, aberto á presentación de candidaturas ata o 12 de xuño, e que tenta ser un estímulo para o desenvolvemento de aplicacións neste novo paradigma .

Unhas interesantes xornadas que se celebrarán o 14 de xuño no salón de actos do CERSIA (Avda. Fernando Casas Novoa s/n, 15707, Santiago de Compostela) daranlle a oportunidade aos emprendedores de defender os seus proxectos en público.

A dotación do premio é de 600€ para o proxecto gañador, 400€ para o segundo clasificado e 200€ para o terceiro.

Toda a información

Pulo á implantación do fogar dixital en Galicia

Mar Pereira e Ramón Bermúdez de Castro, en representación da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e o Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) respectivamente, veñen de asinar un convenio de colaboración mediante o que darlle pulo ao Fogar Dixital e ao Edificio Dixital en Galicia, dotándoos de servizos avanzados baseados nas TIC que melloren a calidade de vida da cidadanía...

Fonte: Código Cero Ler máis

Las mujeres representan el 38,6 % de los trabajadores del sector de las TIC

En toda la comunidad gallega, el 61,4 % de los trabajadores en el sector TIC son hombres (9.737), frente al 38,6 % de mujeres (6.118). En el ámbito universitario, las mujeres representaron en el curso 2009-2010 tan solo el 24,63 % del total de titulados en Enxeñaría en Informática y el 30,63 % en Enxeñaría en Telecomunicacións, mientras que los hombres representan un 63,77 % en el conjunto de personas tituladas del Sistema Universitario Galego...

Fuente: La Voz de Galicia Leer más

AMETIC presenta el primer informe centrado en el Mapa hipersectorial de las TIC

La Asociación de Empresas de Electrónica, Tecnologías de la Información, Telecomunicaciones y Contenidos Digitales (AMETIC) ha presentado el estudio Mapa hipersectorial de las TIC que revela que el Hipersector TIC español está integrado por un total de 24.371 empresas que constituyen el 1,61 por cien de todas las existentes en la estructura productiva española, así como por un total de 386.009 trabajadores, el 2,10 por cien de la fuerza laboral del país. El Hipersector TIC está compuesto por ocho sectores: ...

Fuente: AMETIC Leer más

Seminario técnico sobre auditoría de seguridade

Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Consellería de Traballo e Benestar, o martes 29 de maio a partir das 9:30 horas, terá lugar nas instalacións do centro un seminario técnico sobre auditoría de seguridade.

O obxectivo da xornada é avanzar nos contidos propios dunha auditoría de seguridade para, partindo dunha definición de conceptos (Hacker, cracker, white/black/grey hat, XSS, inxeccións SQL, man in the middle, ip spoofing etc ..), efectuar unha análise e interpretación de en que consiste unha auditoría deste tipo (OSSTMM), estudar as técnicas e medios utilizados na recopilación de información corporativa en Internet e, finalmente, coñecer e revisar as distintas ferramentas de verificación da seguridade existentes: TCP scanners, web scanners, password crackers, login crackers, generic scanners, sniffers etc..

O relator da xornada será Kenneth Peiruza, consultor IT, formador GNU/Linux e colaborador habitual, como docente, do CNTG. Posúe ampla experiencia en labores de implantación, administración e securización de sistemas informáticos para empresas, tendo exercido ao longo dos seus máis de dez anos de traxectoria profesional como xefe de proxectos de auditoría de seguridade para entidades do sector da banca, seguros, partidos políticos etc..

O acceso, previa inscrición a realizar en liña a través do portal web do CNTG , é de balde e condicionado ao aforo del local.

Para obter un certificado de asistencia ao acto será obrigatoria a previa inscrición no mesmo.

Os certificados deberán ser solicitados o mesmo día de celebración do evento na xefatura de estudos do CNTG.

O prazo de inscrición estará aberto do 27 de abril ata o 28 de maio.

Redegal e Google organizan en Vigo unha xornada sobre Google Apps

O Foro da Sociedade da Información do Círculo de Empresarios de Galicia (Club Financiero de Vigo), en colaboración con NCG e Redegal, están a organizar unha xornada para informar sobre as ferramentas de comunicación e colaboración que ofrece o xigante americano Google, que se celebrará o vindeiro martes, 8 de maio na sede do devandito Círculo de Empresarios en Vigo. A xornada...

Fonte: Código Cero Ler máis

Google premia o labor de dúas enxeñeiras informáticas da UDC

Coa intención de facer máis visible o papel das mulleres nos eidos da computación e a tecnoloxía de todo o mundo, e destacar de paso o gran labor que moitas delas desenvolven á sombra de compañeiros masculinos menos brillantes, o xigante americano Google creou a Google Anita Borg Scholarship, un evento co que animar ás mulleres a adoptar un “papel activo e de liderado neste tipo de disciplinas”, que este ano tivo representación galega. O galardón, que ...

Fonte: Código Cero Ler máis

Seminario: Captura y gestión de requisitos en proyectos de software e ingeniería de sistemas

9 de mayo de 2012 en CITEXVI (Campus Universitario de Vigo)

La Captura y Gestión de Requisitos en proyectos de software e ingeniería de sistemas está muy relacionada con la gestión de proyectos en el mundo empresarial. En este evento participarán, en calidad de ponentes, responsables de proyectos de empresas de primer nivel: Visure, Vector (empresa del grupo Banco Santander) y Tecnocom.

Se tratará de abordar la problemática relacionada con una de las partes más críticas en todo proyecto: la toma de requisitos (qué es lo que quiere el cliente de un proyecto, las especificaciones). En no pocas ocasiones, un trabajo inadecuado en estas etapas tempranas del proceso de ingeniería de sistemas acaba condenando los resultados finales del mismo al fracaso, por muy bueno que sea el posterior trabajo en las fases de análisis, desarrollo e implantación.

Gratuito, con limite de plazas. Inscrición en: vitae@vitaedigital.com