AGESTIC

Quen somos

AGESTIC é unha organización empresarial que agrupa con carácter voluntario ás empresas do sector de tecnoloxías de información e comunicación con ámbito de actuación na Comunidade Autónoma de Galicia, foi constituída o 1 de Decembro de 2003 e os seus fins fundamentais son:

Fines y actividades
A representación e defensa dos intereses xerais e comúns dos seus membros, ante as Administracións e Organismos dos que dependa a Sociedade de Información.

Informar, formar e asesorar aos seus asociados de cantos asuntos sexan do seu interese.

Establecer e prestar servizos de interese común ou específicos que lle requiran os seus membros, tanto de asesoramento profesional como técnico e desenvolvendo os programas formativos axeitados.

Fomentar a unidade e solidariedade entre organizacións empresariais, mediante a participación directa ou indirectamente noutras de ámbito superior, CEOE, CEG, Confederacións Provinciais e Federacións Sectoriais.

Organizar todo tipo de actividades, xornadas, seminarios, programas formativos, convenios de colaboración accesos de axudas e subvencións, proxectos de difusión e implantación das novas tecnoloxías, que redunde en beneficio dos seus membros e da sociedade xeral.

Realizar calquera tipo de actividade que tenda á promoción e utilización das novas tecnoloxías dentro da Sociedade da Información, actuando como entidade representativa do empresariado do sector nos órganos consultivos e de colaboración coa Xunta de Galicia.

Todas as actividades de AGESTIC, terán en conta o mantemento da mellor imaxe pública e o prestixio da actividade profesional do sector.

Servicios

Os servizos que prestamos aos MEMBROS ASOCIADOS COLABORADORES son:

  • Información do sector TIC
  • Información lexislativa e normativa
  • Dereito informático e aplicación LOPD
  • Información de axudas e subvencións
  • Formación sectorial
  • Relacións institucionais
  • Bolsa de traballo
  • Información de feiras, congresos e exposicións
  • Oportunidades de negocio

Para ver unha descrición máis detallada destes pode ir á sección "asociarse".