AGESTIC

aica

Datos de contacto

Parque Tecnolóxico de Galicia, San Cibrao das Viñas

32900 - San Cibrao das Viñas, Ourense
Teléfono: 902 747 047
Web: www.aica.net
Correo electrónico: aica@aica.net

Descripción

Aplicaciones informáticas y comunicaciones avanzadas, nace co obxetivo de cubrir todalos campos das tecnoloxías da información e as comunicacións:

Xestión da información: xeneramos distintos informes en tempo real, a partir da información dunha empresa, xestionando alertas e incidencias.

Xestión de almacéns: utilizando as últimas propostas tecnolóxicas facilitamos unha xestión integral de calquer almacén e de o stock de productos.

Automatización industrial: capturamos a información que xeneran os equipos industriais e volcamos a información automaticamente nas aplicacións de xestión.

Organización corporativa: posibilitamos a xestión, de forma sinxela e intuitiva, das axendas de todolos profesionais dunha mesma corporación.

Xestión de infraestructuras: facemos todo o necesario para que a sua infraestructura informática funcione de forma fiable, consistente e transparente (pcs de usuario, periféricos, estrategias antivirus e antispam, servidores corporativos, cableados de rede, redes wi.fi, sistemas de backup…).

Presenza en internet: xestionamos e dispomos de todolos servizos necesarios para promocionar a sua empresa e os seus productos en internet (www, correo electrónico, ftp, chats isométricos, chatterbots, bases de datos, hosting, housing, internet, extranet…).

Bases de datos documentais: permitimos o acceso a información documental, con caráter histórico, mediante un sistema áxil, incrementable e interactivo.

Imaxen corporativa: deseño de logotipos, deseño de cd cars, deseño de papelería….

Xogos multimedia: ideamos, deseñamos e creamos xogos orixinais e interactivos orientados a o uso empresarial, doméstico e institucional.

Aica edicións: baixo a marca de “aica edicións” editamos e xestionamos todo o necesario para a publicación de todo tipo de libros.