AGESTIC

O director do Igape promove a tarefa de emprender como un estilo de vida e destaca os apoios

Segundo manifestou Joaquín Varela, na Consellería de Economía e Industria no seu conxunto, e en especial no Igape, "estamos absolutamente convencidos de que as iniciativas empresariais impulsadas polos emprendedores -que habitualmente teñen compoñentes especialmente innovadores-, son indispensables para contribuír a reactivar a economía de Galicia; constitúen elementos de especial importancia na estratexia marcada pola Xunta cara á recuperación", afirmou.

Durante a súa intervención na apertura do III Congreso Internacional de AJE Vigo, o director xeral do Instituto celebrou que o encontro teña por lema "emprendemos cada día", e amosouse convencido de que a tarefa de emprender, como a de innovar, debe constituír un labor continuado: "debe conformar un estilo de vida e abarcar todos os ámbitos de actuación social, desde a educación á creación de empresas, desde a administración á sociedade no seu conxunto", dixo ...

Fonte: IGAPE Ler máis

Agestic apostando por el futuro Participa e acelera o teu proxecto

Novos cursos de BIC Galicia para emprendedores

Alumnos en un aula

Os cursos dedicados á creación de empresas están deseñados para persoas con inquedanzas emprendedoras, que queiran iniciar o proceso de posta en marcha dun negocio, mediante o estudo dos elementos básicos e a xestión, maduración e valoración de ideas empresariais. O emprendedores ou novos empresarios que desexen, poderán analizar unha idea de negocio e elaborar un plan de empresa ...

Fonte: emprendia Ler máis

Tres empresas galegas optan a un premio Vivero de SIMO Network

Podium

Tres empresas galegas de recente creación, dúas da Coruña e unha de Santiago, presentaron a súa candidatura á V edición do Premio Vivero, organizado por Ifema e a fundación Fundetec no marco da Feira Internacional de Servizos e Solucións TIC para empresas, SIMO Network, co obxectivo de "ofrecerlles apoio e recoñecemento ás novas empresas españolas de base tecnolóxica que desenvolven unha actividade innovadora de calidade, con potencial de éxito no mercado", anunciou Fundetec, que non revelou o nome das firmas ...

Fonte: Galicia Hoxe Ler máis

Emprendedores e empresarios lucenses en maiúscula

Logotipo oficial dos premios

A Fundación CEL-Iniciativas por Lugo distinguiu os proxectos empresariais máis innovadores e sólidos da provincia na entrega dos seus XII Premios á Iniciativa, á Actividade e á Promoción. O acto, presidido polo titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, foi seguido por representantes da Administración, da Universidade e dos tecidos empresarial e financeiro galego, xuntándose preto de douscentos invitados para arroupar aos protagonistas.

A cerimonia, que se celebrou no club de campo Las Bridas, abriu facendo públicos os nomes dos gañadores. A decisión dos xurados na categoría de Premios á Iniciativa Empresarial deulle o Premio a Proxectos de Creación de Empresa, patrocinado polo Banco Pastor, a Mamut Technology. O Premio a Proxectos Universitarios de Creación de Empresa, patrocinado por Caixa Galicia, foi para Litriumtech Hardware e, ademais, houbo un accésit nesta modalidade para Tenis Manager. Esta categoría pechou coa entrega do Premio á Investigación e á Innovación Aplicada á Empresa, patrocinado por Caixanova, que recaeu no proxecto "Asistencia técnica do Departamento de Xenética da USC a Ovapiscis para a obtención de reprodutores de troita arcoiris en cultivo". Concedeuse tamén nesta modalidade un accésit, para o proxecto "Produción e caracterización de Echinacea Purpurea Moench baixo distintos métodos de control de adventicias en Galicia".

Sindicar contido

Premios y Menciones

Entrega de premios fundetec 2012

El proyecto Destino Empleo ha ganado el Premio Fundetec 2012 al ‘Mejor Proyecto de Entidad Sin Ánimo de Lucro dirigido a Ciudadanos’

El proyecto Camino de los Satélites ha sido finalista en los Premios FICOD 2010 en la categoría "Mejor proyecto de inclusión digital"

La presente web corporativa de AGESTIC ha sido finalista en los Premios de Accesibilidad Web TAW 2009

El proyecto Ni más ni menos ha sido finalista en los Premios Fundetec 2008

Proyectos

Proyecto Ni Mas Ni Menos

El Camino de los Satélites

Proyecto: Responsabilidad Social Empresarial en el sector TIC

portal INNOVA-G

Revista Digital de Innovación

Catálogo de Empresas Innovadoras

Proyecto Impulso rural

Proyecto Brújula

Proyecto RedTicos