AGESTIC

Xornadas para autónomos: Emprender e xestionar en tempos de crise

As incertezas da situación económica xeral, provocadas principalmente pola crise do mercado financeiro mundial, están a provocar importantes cambios estruturais, que afectan as empresas, ao emprendemento e á vida económica dos diferentes axentes.

Dende o Servizo de Apoio ao Autónomo do IGAPE queremos reflexionar con este colectivo empresarial sobre diferentes cuestións, referidas tanto ao emprendemento coma á xestión de negocios en funcionamento. Cuestión como as seguintes: é suficiente apoiarse neste panorama para decidir non emprender ante unha posible oportunidade? As mudanzas na demanda son só de contracción ou existe algunha demanda estable ou mesmo que aumente? Está aparecendo un patrón novo de demanda? As mudanzas sectoriais non son un sinal de aparición de oportunidades para o emprendemento? Como é o novo mercado financeiro? Que regras xa non son válidas? Cales son as novas claves do acceso ao financiamento?

Para procurar das resposta aos interrogantes organizamos, xunto con algunhas das asociacións máis representativas dos autónomos de Galicia, as seguintes xornadas:

Martes 2 de outubro, 16:00 a 20:00. Financiamento e rendibilidade. CEAT. Lugo. Sede CEAT.

Xoves 4 de outubro, 16:30 a 20:30. Demanda e financiamento. CEAT. Ourense. Sede CEO.

Xoves 4 de outubro, 16:00 a 20:00. Financiamento e xestión flexible. CEAT. Pontevedra. Sede CEP.

Martes 9 de outubro, 10:00 a 14:00. Demanda e xestión flexible. FEAGA. Lugo. Sede CEI Lugo.

Mércores 10 de outubro, 16:00 a 20:00. Demanda e rendibilidade. CEAT. Pontevedra. Sede CEP.

Xoves 11 de outubro, 16:00 a 20:00. Financiamento e rendibilidade. CEAT. Ferrol. Edfcio admin. Xunta.

Máis información: anng@igape.es