AGESTIC

Xornada de traballo: Como licenzar e traballar con licenzas libres

Organizado polo CIXUG, o vindeiro mércores 21 de novembro, a partir das 17:00 horas, terá lugar no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia unha xornada de traballo sobre como licenzar e traballar con licenzas libres.

Se ben é certo que cada vez hai un maior coñecemento e uso do Software Libre entre a cidadanía e as empresas, tamén é certo que o coñecemento sobre as distintas licenzas libres e sobre o procedemento axeitado para empregalas nos proxectos propios é aínda moi deficiente.

Así existe moita confusión respecto das licenzas libres, dúbidas sobre por exemplo que licenza escoller?, estou condicionado polo software empregado para o meu proxecto?, cales son as implicacións da licenza escollida?, cales son os meus dereitos se publico cunha licenza libre?, como debo aplicar a licenza ao meu código?, é suficiente con poñer o meu código nunha forxa pública e dicir que é GPL? ...

A xornada comezará cunha introdución sobre licenzas de software e a súa base legal para, a seguir, coñecer un exemplo práctico de como se licenza unha obra e rematar coa resolución de diversos casos prácticos nos que se fará unha presentación de cada suposto, se analizarán posibles solución e se resolverán as preguntas que se planteen.

A asistencia é de balde e estará condicionada ao aforo do local.

Para contactar, consultar o programa completo ou obter máis información: http://osl.cixug.es/xornada-licenzas/