AGESTIC

Xornada técnica dos programas de financiamento do CDTI en Galicia

O Centro para o Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI) é a entidade de referencia en nanciamento empresarial da innovación en España. Dende a súa creación, ten contribuído á mellora do nivel tecnolóxico das empresas, deseñando programas de nanciamento á I+D+i que teñen permitido apoiar importantes proxectos nos ámbitos estatal e internacional.

Dende a Plataforma Tecnolóxica Galega de Medio Ambiente (ENVITE) queremos que o sector medioambiental de Galicia recorra a estes programas, pois constitúen unha oportunidade para mellorar a súa actividade, e se anime a poñer en marcha novas iniciativas que lle permitan afrontar a actual conxuntura económica.

Neste sentido, ENVITE, en colaboración coa Fundación Empresa- niversidad Gallega (FEUGA), organiza a xornada “Os programas de nanciamento do CDTI para proxectos de enerxía e medio ambiente en Galicia” coa nalidade de dar a coñecer ás empresas do sector as condicións do nanciamento nacional e internacional do CDTI e facilitarlles información práctica para que elaboren candidaturas con alta probabilidade de éxito.

Obxectivos: Informar dos principais servizos e programas de financiamento da I+D+i para os sectores de enerxía e medio ambiente. Facilitar encontros entre empresas con ideas de proxecto e técnicos do CDTI para o asesoramento sobre a viabilidade e encaixe nos diferentes programas de financiamento á I+D+i.

Destinatarios: Entidades adheridas a ENVITE. Empresarios, xerentes e directivos de empresa. Responsables e profesionais das áreas de proxectos e enxeñaría de I+D+i. Tecnólogos, xefes de produto e calquera outro tipo de profesionais implicados na innovación de novos produtos e servizos ou de melloras nos mesmos. Calquera outra persoa que pola súa actividade profesional poida estar interesada no contido da xornada.

Programa

Rolda CDTI 09.30-11.30h. Reunións bilaterais entre empresas e técnicos do CDTI. Aberta a todos os sectores e tecnoloxías. Darase preferencia aos membros de ENVITE.

12:00 – 12:30. Inauguración Enrique Valero Gutiérrez del Olmo. Presidente da Plataforma Tecnolóxica Galega de Medio Ambiente (ENVITE). Representante da Consellería de Economía e Industria. Javier García Serrano. Xefe do Departamento. Enerxía, Química, Medioambiente, Produtos e Servizos. Dirección de Mercados Innovadores Globais do Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI). Francisco Javier Pereiro Pérez. Director Xeral da Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA). RELATORIOS CDTI

12:30 – 13:00. Os programas nacionais de nanciamento do CDTI. Javier García Serrano. CDTI. 13:00 – 13:45. Outras oportunidades de nanciamento: o Programa Marco e Programas Internacionais de Colaboración Tecnolóxica. Javier García Serrano. CDTI.

13:45-14:15. Viño

CELEBRACIÓN

Xoves, 19 de abril de 2012. Sede FEUGA. Avenida Lope Gómez de Marzoa, s/n. Campus Vida. Santiago de Compostela.

INSCRICIÓN Poderá enviar a ficha de inscrición ao enderezo electrónico info@envite.org o ao número de fax 981 524 454. As prazas están limitadas. Cubriránse por rigorosa orde de entrada de inscricións.

MÁIS INFORMACIÓN Relatorios CDTI: Ana Muñiz Alonso amuniz@feuga.es 981 534 180 Ext: 110 Rolda CDTI: Luis Carbia Noya lcarbia@feuga.es 618 244 613 www.feuga.es