AGESTIC

Xornada técnica do IGAPE en Ferrol: Internacionalización e incentivos á innovación

Os incentivos e axudas á internacionalización e á innovación aos que poden acceder as pemes galegas será o obxectivo da xornada técnica organizada pola Consellería de Economía e Industria a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que se desenvolverá o próximo 25 de abril, a partir das 19 horas, na sede da Xunta de Galicia en Ferrol (Praza de Camilo José Cela s/n)

Neste encontro concederase atención prioritaria ás especiais axudas habilitadas polo Plan Ferrol, Eume e Ortegal, e haberá relatorios sobre apoios aos investimentos, sobre o capital risco como instrumento de financiamento complementario ou alternativo, os apoios do Igape á internacionalización das empresas ou o novo marco de axudas e servizos de apoio á innovación e á competitividade para 2012.

Programa e Inscricións

Teléfono de contacto: 902 300 903