AGESTIC

Xornada técnica Galicia Emprende en Lugo

O salón de actos do Instituto Galego de Seguridade e Saúde (Ronda de Fingoi, 170) acollerá o próximo martes, 29 de abril, unha nova xornada técnica dentro do ciclo de encontros que se están a desenvolver nas diferentes cidades galegas sobre os instrumentos de apoio ao emprendemento .

O obxectivo desta xornada, organizada en colaboración coa Fegaxe, é achegar a emprendedores e empresarios información detallada sobre os servizos e apoios para a elaboración, implantación e consolidación de novos proxectos empresariais.

Na xornada participarán novos empresarios de Lugo que compartirán as súas experiencias no eido do emprendemento.

Programa (pdf)

Inscrición