AGESTIC

Xornada técnica do IGAPE en Santiago: Internacionalización e incentivos á innovación

Os incentivos e axudas á internacionalización e á innovación aos que poden acceder as pemes galegas será o obxectivo da xornada técnica organizada pola Consellería de Economía e Industria a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que se desenvolverá o próximo 28 DE MARZO, a partir das 18 horas, no salón de actos do Edificio Sergas, Complexo Administrativo San Lázaro.

Neste encontro haberá relatorios sobre apoios aos investimentos, sobre o capital risco como instrumento de financiamento complementario ou alternativo, os apoios do Igape á internacionalización das empresas ou o novo marco de axudas e servizos de apoio á innovación e á competitividade para 2012.

Inscricións en http://xornadas.igape.es

Teléfono de contacto: 902 300 903