AGESTIC

Xornada sobre os préstamos de ENISA e os apoios do IGAPE a emprendedores

Achegar información sobre os apoios públicos facilitados pola Empresa Nacional de Innovación (ENISA) e polo Igape para facilitar os investimentos dos emprendedores e as pemes é o obxectivo fundamental da xornada que se desenvolverá o próximo día 1 de marzo, a partir das 10,30 horas a 12:20, no salón de actos do Edificio Sergas, en San Lázaro, Santiago.

A Empresa Nacional de Innovación, ENISA, adscrita ao Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, vai abrir as súas liñas de financiamento para 2013, dirixidas a apoiar a creación, crecemento e consolidación de proxectos empresariais, cun orzamento total de 126 millóns de euros. ENISA ofrece préstamos participativos, con importes que oscilan de entre 25.000 euros e 1,5 millóns de euros, a proxectos empresariais impulsados por emprendedores e pequenas e medianas empresas de calquera sector de actividade, agás inmobiliario e financeiro.

O préstamo participativo é un instrumento financeiro que se atopa a medio camiño entre os préstamos tradicionais e os investimentos de risco (capital risco ou capital semente), que non precisa de máis garantía nin aval que un plan de negocio viable e de calidade.

Pola súa parte, a Consellería de Economía e Industria, a través do Igape e Xesgalicia dispoñen tamén dun amplo abano de servizos e apoios para facilitar a posta en marcha, consolidación e a expansión de novas iniciativas empresariais.

A sesión está dirixida a empresas, emprendedores e entidades multiplicadoras

Máis información e Inscricións