AGESTIC

Xornada “on-line” sobre o Programa Re-Acciona para a mellora da competitividade das empresas galegas.

O próximo venres 8 de febreiro, ás 10:00, o IGAPE presenta on-line o seu programa de servizos Re-Acciona. Esta iniciativa do IGAPE ofrece diagnósticos gratuitos e servizos avanzados para a mellora da competitividade ás empresas galegas.

A xornada “on-line” permitirá aos empresarios interesados coñecer o funcionamento do programa sen desplazamento desde as súas oficinas. Só necesita un ordenador persoal, preferentemente con cámara (aínda que isto último non é necesario).

O programa é o seguinte:

10:00 a 10:15 - Conexión dos participantes e resolución de problemas técnicos.

10:15 a 10:30 - Presentación Xeral do programa Re-Acciona

10:30 a 12:00 - Explicación do conxunto de servizos que compoñen o programa

12:00 a 12:20 - Programa de mentores do Igape

12:20 - Coloquio

Existe a posibilidade de organizar reunións particulares sobre un servizo determinado, directamente co axente colaborador de dito servizo. Pode solicitalo mediante "chat" durante a reunión. Para inscribirse, debe enviar un correo a igape-competitividade@igape.es

Tamén pode entrar directamente no seguinte enlace á hora da reunión (10:00): http://goo.gl/r3Xdh e pulsar no botón “Conectar”. Neste caso pregámoslle que inclúa un nome e correo electrónico válido para que nos poidamos poñer en contacto con vostede.

250 empresas xa confiaron no programa Re-Acciona e solicitaron un diagnóstico ou servizo avanzado. Non deixe pasar esta oportunidade de mellorar na súa empresa. Máis información en http://www.igape.es/reacciona