AGESTIC

Xornada técnica do IGAPE: Internacionalización e incentivos á innovación das PEMES

Os incentivos e axudas á internacionalización e á innovación aos que poden acceder as pemes galegas será o obxectivo da xornada técnica organizada pola Consellería de Economía e Industria a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que se desenvolverá o próximo 21 DE MARZO, a partir das 18 horas, na Confederación de Empresarios de Pontevedra - CEP. Avda. García Barbón, 104 - VIGO.

Neste encontro haberá relatorios sobre capital risco como instrumento de financiamento complementario ou alternativo, os apoios do Igape á internacionalización das empresas ou o novo marco de axudas e servizos de apoio á innovación e á competitividade para 2012.

Para asistir á Xornada Técnica inscripción na CEP: inscrición(.doc)

Teléfonos de contacto: 986 439 611 ou 902 300 903