AGESTIC

Xornada ECOINNOV@

ECO-INNOV@ é un proxecto desenvolvido en Galicia, no Principado de Asturias e Cantabria, financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade, co obxectivo de promover a incorporación de procesos innovadores na xestión dos negocios, e amosar novas potencialidades do entorno natural que permiten a implantación dun sector empresarial emerxente denominado ECO-INDUSTRIA.

Grazas á ECOINNOVACIÓN é posible obter bioproductos e bioservizos a partir dun mellor aproveitamento de recursos da gandeiría e a agricultura.

Durante esta Xornada proxectarase o documental “Muuuucho más que leche”, que contou coa participaron empresas e entidades galegas, no que se explicará cómo mediante a aplicación de procesos ecoinnovadores, se poden xerar novas actividades empresariais a partir dun recurso tan tradicional e tan noso como a gandeiría bovina de leite e carne. Ademáis, empresas galegas do sector da agroalimentación contarán as suas experiencias en Ecoinnovación e expertos nesta materia amosarán as ventaxes da sua aplicación para as empresas.

Esta actividade está impulsada polo IGAPE e BIC GALICIA e enmarcase dentro Plan Impulsa Lugo.

Lugar: Escola Politécnica Superior, R/ Benigno Ledo, Campus Universitario, Lugo

Data: Xoves 24 de maio 2012. De 11:30 h a 14.00 h

Xornada gratuita. Imprescindible inscrición en: http://www.bicgalicia.es/ecoinnova

Máis información: 981 54 6813 / ecoinnova@bicgalicia.es