AGESTIC

Xornada C-TEAMS, mellora competitiva en novas empresas de base tecnolóxica

cteams

Lugar: MUSEO PEDAGÓXICO DE GALICIA – MUPEGA. San Lázaro, 107 - 15703 Santiago

Data: martes 13 de maio Horario: de 12:00 a 14:00h.

C-TEAMS é un Programa do Igape pensado para axudar ás novas empresas de base tecnolóxica a prosperar e seren máis competitivas. É o programa idóneo para novas empresas onde os recursos materiais, humanos e temporais escasean.

Con C-TEAMS, as empresas participantes poderán redefinir ou deseñar unha nova carteira de productos ou servizos adaptados ás demandas reais do mercado.

C-TEAMS, aberto a empresas con menos de catro anos de vida, aplica técnicas e ferramentas de éxito, para empresas de nova creación, probadas con anterioridade en máis de 100 Pemes galegas.

Programa:

12.00 Presentación de Xornada Javier Aguilera, Dierctor Xeral do IGAPE

12:15 Christian Larsson, Xerente Larpro Engineering, S.L.

12:40Experiencias C-TEAMS Hugo Ramos, Unio Ingenieros, S.L. Diego Rodriguez, Seasvet, S.L.

13:20 Rolda de preguntas

13:45 - 14:00 Expresión de interese para participar no programa

Inscrición