AGESTIC

X edición dos Premios Eganet 2013

Premios EGANET 2013

A Asociación de empresas galegas adicadas a Internet e as novas tecnoloxías, EGANET, ten o pracer de informar de que o prazo de presentación de candidaturas para a X edición dos Premios Eganet 2013 estará aberto ata o próximo domingo 26 de xaneiro de 2014.

 

As cinco categorías deste ano son as seguintes:

  • Premio PROXECTO COLABORATIVO EMPRESARIAL TIC
  • Premio EMPRENDEDOR TIC
  • Premio APLICACIÓN SOFTWARE
  • Premio COMUNICACIÓN DIXITAL
  • Premio NEGOCIO ONLINE

A entrega de premios terá lugar o vindeiro venres 31 de xaneiro de 2014, ás 12:00 hora no Parque Empresarial Porto do Molle en Nigrán – Vigo

Para máis información sobre as bases dos Premios Eganet e a presentación de candidaturas visite o seguinte enlace web www.premioseganet.com

Por segundo ano consecutivo a X Gala dos Premios Eganet 2013 celebrarase coincidindo co Lacon Network 4th, así teremos unha intensa mañá repleta de interesantes actividades, poñentes de primeiro nivel como Enrique Dans e finalizaremos coa tradicional comida e tarde de networking.

A asistencia á Gala de entrega dos Premios Eganet 2013 é gratuíta. Por cuestións de aforo e organización pregámoslle que confirme a súa asistencia a través do seguinte enlace web eganet2013.avatools.com/rexistro.asp