AGESTIC

V edición do Congreso Internacional Joven Empresario. 5 e 6 de xullo, en Vigo.

Os días 5 e 6 do próximo mes de xullo desenvolverase na cidade de Vigo o V edición do Congreso Internacional Joven Empresario, que organiza AJEGALICIA contando coa colaboración da Consellería de Economía e Industria a través do Igape.

Talento creativo na rede é o lema deste ano, querendo recoñecer e impulsar aos novos talentos empresariais e crear un espazo común de compartición de experiencias e coñecemento; o encontro está aberto á participación de empresarios de moi diversas áreas e países cos que AJE mantén unha estreita relación.

Ponentes da talla de Carlos Jean, Jesús Calleja e Richard Stallman daranse cita neste congreso.

Programa e inscricións