AGESTIC

TechDay: Desenvolvemento de apps para Windows

O día 27 de novembro a partir das 9:30 horas, terá lugar nas instalacións do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Consellería de Traballo e Benestar, unha xornada técnica impartida por Microsoft orientada a desenvolvemento para Windows.

No decurso da xornada trataranse temas relacionados coas últimas tecnoloxías e plataformas para o desenvolvemento de aplicacións para Windows: Windows8, Windows Phone 8 e Azure

A xornada vai dirixida preferentemente a desenvolvedores/as, programadores/as, estudantes interesados no DAI e, en xeral, perfís técnicos que desexen obter información e coñecementos relacionados coa temática do desenvolvemento e programación en contornas Windows.

O acceso ao evento, previa inscrición a realizar en liña, é de balde e condicionado ao aforo do local.

Para consultar polo miúdo os contidos a tratar e/ou INSCRIBIRSE no evento, pique nesta ligazón