AGESTIC

Subvencións para a creación de materiais educativos dixitais e premios ao profesorado que desenvolva novos contidos educativos dixitais

Resolución do 29 de marzo de 2011, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica

Beneficiarios:

  • Axudas para a produción e publicación de materiais educativos: as empresas privadas, con personalidade xurídica validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes, que realicen actividades con ánimo de lucro, así como os empresarios individuais, que teñan a súa sede social ou algún centro de traballo en Galicia, que produzan e publiquen contidos dixitais.
  • Premios ao desenvolvemento de novos contidos educativos: o persoal docente que traballe en centros educativos sostidos con fondos públicos en Galicia no curso 2010-2011, así como as asociacións sen ánimo de lucro constituídas por docentes dos ditos centros.

Prazo xeral de presentación de solicitudes: ata o 06/05/2011

Máis información

Fonte: UPD Coordina Local