AGESTIC

Seminario técnico sobre o servidor de aplicacións JBoss

Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG)

Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Traballo e Benestar o día 28 de abril, de 16:30 a 20:30 horas, terá lugar no salón de actos do CNTG un seminario técnico sobre o servidor de aplicacións JBoss

O obxectivos deste seminario consisten en trasladar aos asistentes os coñecementos relativos instalación, administración, configuración, despregue e securización de JBoss

Este seminario esta dirixido preferentemente a administradores/as e desenvolvedores/as middleware, a administradores/as de sistemas e, en xeral, a profesionais interesados nos contidos da xornada.

O relator da xornada será José David Martín Nieto, instrutor cunha longa traxectoria docente en contornas Red Hat e Middleware JBoss, tanto a nivel de administración como de desenvolvemento, e acreditado como Red Hat Certified Instructor, Engineer, JBoss administrator e JBoss developer.

O acceso ao seminario, previa inscrición a realizar en liña a través do portal web do CNTG, é de balde e condicionado ao aforo do local. O acceso ao salón de actos para aquelas persoas NON inscritas estará condicionado á existencia de prazas libres o día de celebración do evento.

Para consultar os contido ou se inscribir na xornada pique na seguinte ligazón: https://cntg.xunta.es/web/cnt/acontecimientos

Se está interesado en participar neste seminario e non pode desprazarse a Santiago, pode acudir a súa aula CeMIT máis próxima (http://cemit.xunta.es/) e solicitar a súa participación vía videoconferencia.

O prazo de inscrición estará aberto ata o día 27 de abril.