AGESTIC

Seminario sobre análise de datos en Big Data en Santiago

CNTG

Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Traballo e Benestar, o vindeiro día 24 de abril, luns, de 9:30 a 13:30 horas, terá lugar no salón de actos do CNTG un seminario sobre análise de datos en Big Data.

A xornada está dirixida á xestión, manipulación e consultas en tempo real de datos complexos utilizando linguaxes SQL e de script en Hadoop, aprendendo como Apache Pig e Apache Hive (ferramentas orixinais de Yahoo e Facebook) permiten a transformación de datos e a súa análise a través de filtros, joins e funcións definidas polo usuario doutras tecnoloxías.Na última parte da sesión ofrecerase unha visión orientada a casos de éxito e modelos de negocio nos que a ciencia de datos abre novos mercados ás empresas.

Esta seminario esta dirixido preferentemente a analistas de datos, analistas de negocio, desenvolvedores e administradores con experiencia en SQL e comandos básicos de UNIX ou LInux e, en xeral, persoal técnico interesado en adquirir coñecementos sobre a materia. Non son necesarios coñecementos previos de Apache Hadoop

O relator da xornada será Sergio Rodríguez, director de formación da empresa Core Networks. Sergio Rodríguez é enxeñeiro de telecomunicacións e é instrutor oficial de Cloudera, nas áreas de desenvolvemento e análise de datos para Europa e América Latina, e de Oracle University. Está en posesión das certificacións de desenvolvedor Hadoop, administrador Hadoop e especialista en HBase e é colaborador habitual en relatorios de masters sobre Big Data en diferentes escolas de negocios. O prazo de inscrición estará aberto ata o día 23 de abril.

A asistencia ao seminario, previa inscrición a realizar en liña a través do portal web do CNTG, é de balde e condicionado ao aforo do local O acceso ao salón de actos para aquelas persoas NON inscritas estará condicionado á existencia de prazas libres o día de celebración do evento.

Para consultar os contidos a tratar e/u inscribirse no seminario, prema na seguinte ligazón: https://cntg.xunta.es/web/cnt/acontecimientos Se está interesado en participar neste seminario e non pode desprazarse a Santiago, pode acudir a súa aula CeMIT máis cercana (http://cemit.xunta.es/) e solicitar a súa participación vía videoconferencia.