AGESTIC

Seminario sobre introdución a Big Data

Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Traballo e Benestar e impartido por Oracle, o vindeiro día 13 de decembro, de 9:30 a 13:30 horas, terá lugar no salón de actos do CNTG un seminario técnico sobre introdución a Big Data: Captura, tratamento e análise de cantidades voluminosas de datos desestruturados (blogs, redes sociais etc..) obtidos de diferentes fontes .

Durante o seminario serán obxecto de consideración os conceptos e fundamentos do Big Data e o procesamento de datos, os casos de uso (para que se utiliza), a tecnoloxía Hadoop, as bases de datos noSQL, a linguaxe R e, finalmente, as solucións que ofrece Oracle ao Big Data.

A xornada está dirixida preferentemente a administradores/as de bases de datos, administradores/as de sistemas, enxeñeiros/as de soporte, consultores/as técnicos/as, desenvolvedores e programadores/as e, en xeral, persoal técnico interesado en adquirir coñecementos sobre Big Data. O relator da xornada será Héctor Navarro, instrutor da equipa de formadores de Oracle University. Héctor Navarro, profesional con ampla experiencia en diferentes empresas de tecnoloxía, é unha das tres únicas persoas en España en posesión da certificación OCM (Oracle Certified Master). As súas areás de especialización inclúen dende a administración da base de datos Oracle á alta dispoñibilidade, a virtualización e incluso a definición e desenvolvemento de cursos e materiais sobre novos produtos tecnolóxicos que xorden no mercado. O acceso ao seminario, previa inscrición a realizar en liña a través do portal web do CNTG, é de balde e condicionado ao aforo do local.

O prazo de inscrición estará aberto ata o día 12 de decembro. O acceso ao salón de actos para aquelas persoas NON inscritas estará condicionado á existencia de prazas libres o día de celebración do evento.

Para inscribirse ou coñecer máis polo miudo os contidos da xornada acceda á seguinte ligazón