AGESTIC

Punto de encontro coa plataforma empresarial de Turquía

Data: 14 a 16 de maio de 2012 Lugar: Edificio IGAPE, Complexo Administrativo de San Lázaro, Santiago de Compostela. Os vindeiros 14 a 16 de maio estará en Santiago de Compostela o Director da Plataforma da Rede Pexga en Turquía, Javier Paredes. Durante eses días, está previsto que se manteñan entrevistas individualizadas no Igape cos empresarios galegos que estean interesados en explorar este mercado ou en ampliar a súa presenza nel.

O Director desta plataforma empresarial posta en marcha grazas ao acordo de cooperación entre a Consellería de Economía e Industria, a través do IGAPE, e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), poderá facilitar información directa aos empresarios, así como recibir solicitudes de encargos concretos referidos a ese mercado.

Por último, se así o solicita tamén poderán recibir información sobre as axudas e outros servizos de apoio á internacionalización que presta o Igape, e sobre a Enterprise Europe Network: servizos e oportunidades.

Prazas limitadas

Programa e inscrición en: http://xornadas.igape.es

Máis información: 902 300 903