AGESTIC

Proxecto “Miradas de Muller”, emprendemento no eido da fotografía dixital para mulleres

Durante 2013 poñerase en marcha unha nova iniciativa da Xunta de Galicia e a Rede CeMIT, na que colabora o IGAPE, sobre capacitación dixital e emprendemento no eido da fotografía dixital, dirixida a mulleres desempregadas que estean interesadas en introducirse no mundo empresarial desenvolvendo actividades relacionaas coa fotografía dixital.

A iniciativa ofrecerá consultoría, formación e difusión no campo da fotografía ás mulleres desempregadas, a través dunha plataforma que integra unha rede social e un espazo para que poidan publicar as súas creacións e que supoña un escaparate que axude a promover as obras destas mulleres.

Utilizaranse as novas tecnoloxías como vehículo e ferramenta que garanta o acceso profesional ao autoemprego e a difusión da disciplina fotográfica como manifestación artística e cultural.

A Xunta de Galicia levará a cabo a presente iniciativa en 33 das 98 aulas da Rede de CeMIT, aulas públicas con acceso a internet e dotadas de avanzado equipamento audiovisual e multimedia, distribuídas por toda a xeografía galega. Este proxecto, que leva por nome “Miradas de Muller” áreas de actuación:

I. Motivación ao emprendemento feminino no ámbito da fotografía.

II. Capacitación dixital no eido da fotografía dixital.

III. Plataforma web “Miradas de Muller”: Poñerase a disposición das usuarias na plataforma do proxecto, a través da cal poderán acceder a píldoras informativas, dispoñer dun titor, difundir os seus servizos a través dunha bolsa de traballo...

A data límite para a inscrición das usuarias no proxecto será o próximo 28 de Xaneiro.

PARA INSCRIBIRTE NA INICIATIVA, REALIZA OS SEGUINTES PASOS:

Rexístrate como usuaria da Rede CeMIT nalgunha das 33 aulas especificadas no calendario e solicita a adhesión á iniciativa, antes do 28 de xaneiro.

Poderás rexistrarte como usuaria a través de dúas vías:

A través da web http://cemit.xunta.es (a aplicación de inscrición só é compatible cos exploradores Mozilla Firefox e Google Chrome).

Nesta páxina poderás inscribirte como usuaria da Rede é unha vez obtido o teu usuario e contrasinal, poderás matricularte na iniciativa nalgunha das aulas indicadas.

Tamén poderás facer directamente a inscrición acudindo persoalmente a algunha destas aulas.

Poderás solicitar máis información sobre a iniciativa enviando un correo electrónico á dirección oficinacemit@xunta.es ou ben consultando nalgunha das aulas indicadas.

No seguinte enlace pode consultar máis información e inscribirse na mesma: https://cemit.xunta.es/node/5161