AGESTIC

Proxecto MEDRA

Información sobre unha axuda non económica específicamente pero tamén moi valiosa para o emprendedor: o proxecto MEDRA

Este proxecto da ConsellEría de Economía e Industria - IGAPE e BIC Galicia coa colaboración da Fundación para o Fomento da Calidade ten como obxectivo facilitar aos xestores de novas pemes, de xeito gratuíto, as habilidades e capacidades necesarias para sortear a crise, reforzarse no mercado e medrar de xeito sostido.

o Proxecto MEDRA é unha acción de apoio continuado e persoalizado ás empresas novas, empregando os instrumentos máis axeitados ás súas especificidades para que poidan mellorar a súa capacidade competitiva e consolidarse no mercado como sociedades xeradoras de riqueza e emprego

Destinatario: PEMES de non máis de catro anos de existencia e cun mínimo de 5 traballadores e que teñen interese en mellorar a súa potencialidade competitiva.

Metodoloxía do proxecto: unha primeira fase de auto-diagsnóstico asistido por consultores facilitadores para coñecer a tipificar as características xerais da empresa interesada; unha segunda fase consistirá na elaboración dunha visión de futuro onde se define o proxecto futuro da empresa; a terceira fase acollerá diferentes itinerarios de formación-acción onde os xestores das empresas participantes, asistidos por titores, poderán avanzar en ámbitos como a profesionalización, desenvolvemento e expansión comercial, innovación ou internacionalización dos seus proxectos empresariais; e a cuarta etapa, a de aplicación, consistirá na impartición da formación e das accións de consultoría correspondentes aos itinerarios escollidos.

Xornadas de presentacións do proxecto:

15.11.2010 18.00 h Santiago de Compostela: Centro Empresarial da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre- Rúa Edison 1, Polígono Industrial del Tambre

17.11.2010 18.00 h A Coruña Club Financiero Atlántico - Rúa Salvador de Madariaga, 76

22.11.2010 18.00 h Vigo Club Financiero Vigo - Avda. de García Barbón, 62

23.11.2010 18.00 h Ferrol Cis Deseño e Tecnoloxía - A Cabana s/n, Ferrol

24.11.2010 18.00 h Pontevedra Asociación de Empresarios de la Pequeña y Mediana Empresa (AEMPE)- R/ Virgen del Camino, nº2, 1ª Planta Oficina 27

25.11.2010 18.00 h Lugo Sede da Asociación de Empresarios do Polígono do Ceao - Rúa Leitiñas s/n, Polígono do Ceao

02.12.2010 18.00 h Ourense Edificio Multiusos da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao - Rúa Martín Esperanza s/n

Inscrición nas xornadas

Solicitude de inscripción no proxecto

+info

Fontes: emprendia, proxecto medra, igape, UPD Coordina Local