AGESTIC

Programa RE-ACCIONA: últimos días para solicitar servizos

reacciona

Preto de 600 servizos solicitados avalan o interés das empresas por acollerse á oferta de servizos avanzados para a mellora da competitividade convocada pola Consellería de Economía e Industria, a través do IGAPE. Os interesados en comezar de forma inmediata poden solicitalo ata o próximo día 15 de maio.Esta convocatoria é a derradeira que se levará a cabo nesta primeira fase do programa Re-Acciona.

A seguinte fase está prevista para o mes de outubro de 2014.

Re-Acciona comezou hai un ano e medio, e a finais de 2013 o Igape solicitou a algúns dos directivos e empresarios que traballaron co programa que compartisen as súas impresións. Como resultado, na páxina do programa pódense consultar tanto a memoria como os vídeos que reflicten diversas experiencias.

Os interesados atopará, tamén información detallada dos diferentes servizos , e o acceso á páxina de solicitude para participar no programa