AGESTIC

Programa Erasmus para novos emprendedores e PEMES

Co obxectivo de axudar a novos emprendedores a acadar habilidades para xestionar pemes, a Unión Europea vén de lanzar o cuarto ciclo do programa europeo de intercambio de emprendedores e empresas –Erasmus for Young Entrepreneurs– que se desenvolve en Galicia coordinado por Uninova (USC) e que estará en vigor ata fin de 2013.

Ao amparo deste programa, os emprendedores galegos que teñan un plan de empresa, ou coa súa empresa xa constituida e cun máximo de tres anos funcionano, terán a oportunidade de compartir unha estadía de entre un e seis meses cun empresario experimentado doutro país da UE. Por outro lado, tamén se poden acoller ao programa empresas galegas con máis de tres anos de experiencia interesadas en acoller a un emprendedor doutro país.

O Igape colabora na difusión e no desenvolvemento das actividades deste programa, que constitúe unha oportunidade para os emprendedores de aprender de empresarios con máis experiencia que dirixan unha pyme noutro país da UE, facilitándolle o acceso e novos socios, aliados e mercados. Do mesmo xeito, tamén os empresarios participantes poderán abrir o seu mercado a outros países comunitarios.

Máis información e inscricións