AGESTIC

Premios Innova-G 2010

Dende a Asociación Galega de Empresas TIC (AGESTIC) pensamos que existen numerosos exemplos de PEMES galegas que están aplicando e desenvolvendo técnicas, metodoloxías, ferramentas e boas prácticas nos eidos da innovación e a competitividade, na incorporación do modelo de negocio tradicional ao modelo dixital. Son numerosos e dende logo algúns deles premiables, feitos por PEMES galegas que merecen ser recoñecidas no seu esforzo innovador. Galicia conta con empresas tecnolóxicas que fan posible cos seus desenvolvementos unha Galicia actual competitiva e cun pé no futuro. Contamos con emprendedores, con corredores de fondo, cunha canteira de bos profesionais, con mulleres e homes valentes, con talento… con moito talento.

Estes premios están abertos a todas aquelas PEMES galegas, tecnolóxicas ou non, que aposten polo desenvolvemento das TIC, polo importante papel das TIC na innovación. Pois internet, a web 2.0 e as redes sociais están a revolucionar a sociedade e en consecuencia aos modelos de negocio das PEMES. Os produtos e os servizos que estas ofrecen deben encaixar no novo crebacabezas empresarial. Dende AGESTIC e as entidades colaboradoras destes premios, queremos premiar a innovación das empresas na incorporación a esta nova realidade, e dar o noso apoio e recoñecemento aos que non ven no cambio un problema se non unha oportunidade.

Contan co apoio do IGAPE - Xunta de Galicia Consellería de Economía e Industria, Xunta de Galicia - Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Xunta de Galicia - Secretaría Xeral de Medios, Xunta de Galicia - Dirección Xeral de Promoción do Emprego, Universidad de Vigo - Escola Superior de Enxeñería Informática, Grupo El Progreso, Grupo Femxa e Caixa Galicia. Cuios representantes respectivos conforman o xurado.

Web oficial