AGESTIC

Os PREMIOS EGANET¨12 abren o prazo de presentación de candidaturas

  • Os PREMIOS EGANET¨12 abren o prazo de presentación de candidaturas para recoñecer o labor de profesionais e empresas do sector TIC galego.
  • A novena edición dos galardóns adecúase aos novos tempos coa reformulación das distintas categorías e coa incorporación da categoría de "Mellor Proxecto Colaborativo Empresarial TIC".

A Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (EGANET) convoca una nova edición dos seus premios, que serven desde hai nove anos de estímulo ao labor de creación dos empresarios, profesionais e outros axentes que se senten comprometidos coa expansión da Sociedade da Información en Galicia e que deseñan, programan e desenvolven produtos e servizos que teñen en Internet e noutras novas tecnoloxías da información a súa razón de ser.

O prazo de presentación das candidaturas está xa aberto ata o vindeiro día 6 de decembro. Para a presentación de candidaturas cómpre obter máis información no sitio web ...

Fonte: EGANET Ler máis