AGESTIC

Posta en marcha do programa Innova en Galicia

gain

O Programa Innova en Galicia arrancará cunha liña de 5 millóns de euros para unir os centros de coñecemento e as grandes empresas na creación de entes de I+D+i, mobilizando un investimento de 16 millóns de euros. Este é o obxectivo dunha orde de axudas que o Consello da Xunta aprobará nas vindeiras semanas e que forma parte do programa ‘Innova en Galicia’, co que se pon en marcha a Estratexia de Especialización Intelixente, a RIS 3.

A actuación está orientada á posta en marcha en Galicia de centros mixtos de innovación constituídos entre grandes empresas e organismos galegos de xeración de coñecemento, é dicir, universidade, centros tecnolóxicos, fundacións sanitarias, os centros galegos do CSIC, etc.

Os obxectivos desta liña de traballo son, por unha banda, fixar actividade de grandes empresas en Galicia e, polo tanto, emprego; e, en segundo lugar, sacar o máximo rendemento da investigación galega ao garantir a transferencia ao mercado do coñecemento que se produce na nosa Autonomía.

Fonte: Xunta de Galicia Ler máis