AGESTIC

Obradoiro de internacionalización MBO Galicia-USA

Energy Sector Edition - Texas

Data: Xoves 31 de maio de 2012, de 10 a 19h.

Lugar: Club Financiero de Vigo, sala Nogueira Dalmás.

O vindeiro xoves 31 de maio terá lugar un evento dirixido a empresarios galegos propietarios e/ou xerentes de pemes domiciliadas en Galicia do sector enerxético interesados en iniciar a súa actividade en Texas (Estados Unidos). Este programa formativo bilingüe castelán-inglés ten un total de 7 horas. As primeiras 4 horas da mañá van enfocadas á ampliación de coñecementos das necesidades xurídico financeiras da empresa galega nos Estados Unidos, á adaptación e xestión de equipos humáns biculturais, ás bases de entrada no mercado americano, e á importancia das redes de contactos profesionais nos EE.UU. No bloque de 3 horas da tarde ten lugar un encontro virtual de negocios e mesa redonda Galicia-Texas con directivos norteamericanos do mesmo sector.

Prazas limitadas Inscrición: info@covasolutions.com

Máis información