AGESTIC

Obradoiro de creación, desenvolvemento e comercialización de produtos TIC en software libre

Software Libre

Data: 23 Maio 2014

Hora: De 12:00h a 14:00h

Entidade organizadora e lugar: Amtega

Destinatarios: Directivos, responsables ou técnicos de empresas TIC

Descrición: Este curso permitirá aos asistentes coñecer as vantaxes e obrigas para poder integrar compoñentes de software libre no desenvolvemento do seu produto, comprender as dinámicas e o modelo de negocio baseado na colaboración no universo open source e identificar boas prácticas para xestionar a propiedade intelectual implicada na construción dun produto TIC.

PROGRAMA

Software libre. ¿Quen o usa para crear produtos TIC? Incorporar open source no meu produto: Receitas para non reinventar a roda ¿Que fan as grandes empresas TIC? Como licenciar o meu produto Políticas de contribución a proxectos de software libre Software libre e modelos de negocio

IMPARTE

D. Jose María Casanova Crespo, Enxeñeiro en Informática pola Universidade da Coruña. Socio fundador de Igalia, consultora especializada en open source. Consultor especializado en software libre e colaborador na Oficina de Coordinación de Software Libre da AMTEGA. Docente na Facultade de Informática da Universidade da Coruña no ámbito das Metodoloxías de Desenvolvemento. Coordinador do Máster en Software Libre de Caixanova (Igalia-URJC) (2007-2009). Membro da GNOME Foundation e do Grupo de Programadores e Usuario de Linux.

Inscripción