AGESTIC

O Goberno galego presenta un anteproxecto de lei do emprendedor

A nova Lei do emprendemento impulsada pola Xunta de Galicia ten como prioridade dotar aos emprendedores galegos dun marco integral de apoio ás súas iniciativas empresariais, ordenando e coordinando os recursos da Administración e favorecendo o investimento público e privado co obxectivo de retomar o crecemento. Deste xeito, a norma configúrase como un instrumento clave na dinamización económica e na xeración de proxectos e empresas, facendo dos emprendedores axentes fundamentais para a activación do mercado laboral coa meta de acadar un incremento do 60% nos próximos catro anos na Taxa de Emprendemento (índice TEA), pasando do 4,7% ao 7,5%, permitindo superar a cifra de 130.000 emprendedores...

Fonte: Emprendia Ler máis