AGESTIC

Novo Blog: Xente Dixital

Desde o pasado mes de xuño o blog XD, Xente Dixital, está a difundir dun xeito ameno e sinxelo as vantaxes que a tecnoloxía achega a vida cotiá. Xente Dixital é unha iniciativa da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) dirixida a todo o mundo e aberta á colaboración e as achegas dos internautas para informar, compartir coñecementos e consellos prácticos sobre a tecnoloxía. No blog, accesible desde http://blogs.xunta.es/xentedixital/, os internautas atopan información de actualidade sobre iniciativas, curiosidades e novas tecnolóxicas estruturadas en torno a seis seccións fixas, “Actualidade”, “Cursos”, “Guías Prácticas”, “¿sabías que...?”, “Casos de éxito” e “XD a fondo”.

Fonte: IMIT Ler máis