AGESTIC

Nova convocatoria de servizos avanzados de competitividade do Plan Reacciona

A Consellería de Economía e Industria vén de abrir, a través do Igape, a segunda convocatoria de diagnósticos integrais e servizos avanzados apara a facilitar mellora da competitividade das pemes galegas. A convocatoria, a través do Plan Re-Acciona, refírese a unha oferta de máis de 300 diagnósticos integrais e servicios avanzados para a mellora da competitividade empresarial das pemes galegas. Como resposta ás solicitudes prersentadas ao amparo da primeira convocatoria do ReAcciona, na actualidade o Igape está a coordinar a implantación de servizos avanzados de mellora da competitividade en preto dun cento de empresas, e están realizados ou en fase de realización medio cento de diagnósticos de competitividade gratuítos para as pemes que os solicitaron. O prazo para solicitar os diagnósticos e servizos avanzados da nova convocatoria remata o próximo 26 de outubro.

Máis información: 902 300 903