AGESTIC

Mañá xoves na Coruña: xornada de pulo ás empresas de alicerce tecnolóxico

A Universidade da Coruña (Vicerreitoría de Investigación, OTRI, etc) e CITIC organizan este xoves 27 unha xornada de pulo ao emprendemento tecnolóxico en contornas académicas. O evento encamíñase a achegar recursos e craves para a conversión de ideas empresariais en iniciativas de feito, no seo da propia Universidade. A xornada vaise desenvolver no salón de graos da Facultade de Economía e Empresa, no campus de Elviña, en horario de 9 a 14 horas e de 16 a 19. Insírese no programa Aula de Innovación e Transferencia.

Fonte: Código Cero Ler máis