AGESTIC

Impulsa Lugo: Xornada de promoción do emprendemento en Foz

Promover o espírito emprendedor e dar a coñecer os servizos e instrumentos de apoio para a posta en marcha de novos proxectos empresariais son os obxectivos principais da xornada sobre emprendemento organizada pola Delegación da Xunta en Lugo, no marco do Impulsa Lugo e en colaboración con AJE Lugo.

Neste encontró a desenvolver o próximo luns, 26 de marzo, ás 19 horas, no CENIMA de Foz, participarán ademais representantes do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para informar sobre os servizos e as axudas públicas, especialmente para apoiar os proxectos emprendedores.

Haberá tamén unha mesa redonda con representantes de AJE, empresarios e administración pública, así como unha intervención dun emprendedor de éxito da comarca.

Inscricións:

982 294066 Delegación Territorial da Xunta en Lugo

982 224699 AJE Lugo