AGESTIC

Igape colabora na edición galega dos Premios EmprendedorXXI, convocatoria aberta

Premios EmprendedorXXI

Aberta a convocatoria para a oitava edición dos Premios EmprendedorXXI, unha iniciativa impulsada por "la Caixa" e na que o Igape colabora na edición Galicia É o premio mellor dotado económicamente de España grazas á colaboración público-privada, e incorpora un programa de acompañamento dirixido a acelerar o crecemento poñendo aos ganadores en contacto con mercados, persoas e sectores clave para os seus negocios.

Premio na categoría Emprendes

Este premio está dirixido a empresas innovadoras que iniciasen a súa actividade a partir do 1 de xaneiro de 2012. O gañador na fase autonómica recibirá un premio en metálico de 5.000 €, a realización dun curso de aceleración na Universidad de Cambridge Ignite Fast Track e terá acceso preferente ao financiamento da entidade financeira. O proxecto gañador competirá ademais na fase estatal, onde poderá optar a un premio de 20.000 €. Inscríbete nos Premios EmprendedorXXI

Máis información: www.emprendedorXXI.es

Data límite de inscrición: 10 de abril de 2014