AGESTIC

O Igape convoca bolsas para formar a 100 novos titulados e mellorar a competitividade das pemes

Igape vén de convocar o programa de formación e promoción do emprego impulsado por Economía e Industria no marco do Plan re-Acciona . Os seleccionados no marco da convocatoria publicada Diario Oficial de Galicia recibirán formación especializada antes e durante o período de prácticas no que poderán prestar servizos en ata catro pemes diferentes, titorizados por expertos.

Os bolseiros deberán ser titulados –entre os anos 2006 e 2012– en física, matemáticas, química, enxeñería, ciencias económicas e empresariais, administración e dirección de empresas, ciencias empresariais, economía ou dereito. A selección estará baseada no currículo dos solicitantes.

No seu conxunto, o programa de bolsas re-Acciona permitirá que os bolseiros accedan a novas competencias profesionais en ámbitos onde a experiencia práctica é fundamental para o desenvolvemento de proxectos, incrementando así as súas posibilidades de atopar un emprego de calidade.

O prazo para a presentación das solicitudes no Igape rematará o próximo 12 de xullo.

Ficha resumo