AGESTIC

I Xornada de boas prácticas en tecnoloxía para a inclusión social

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), a través do Programa Voluntariado Dixital, acaba de lanzar a liña estratéxica de traballo de "Tecnoloxía para a Inclusión Social".

Esta liña de traballo ten como obxectivos unir a experiencia social do terceiro sector galego coa experiencia tecnolóxica das entidades, empresas e/ou asociacións do ámbito TIC da nosa comunidade, para aproveitar este potencial e orientalo de cara as persoas e grupos máis vulnerables, co fin de mellorar a súa calidade de vida, e resolver así determinadas necesidades sociais.

Co obxectivo de amosar diferentes boas prácticas relacionadas con esta materia, organízase esta xornada o próximo 23 de novembro de 2012, para contribuír ao coñecemento da realidade social, e ao prantexamento da utilidade e da idoneidade das TIC como complemento e solución a determinados problemas sociais.

Data: Venres, 23 de novembro de 2012

Horario: 09:45 - 14:30 horas

Lugar: Salón 2 Cidade da Cultura, Santiago de Compostela

Destinatarios: Entidades de acción social, empresas TIC, representantes da administración e en xeral persoas interesadas do mundo social, solidario e TIC.

Obxectivo: Crear puntos de encontro e debate, onde se dean a coñecer solucións tecnolóxicas do ámbito social desenvolvidas por empresas TIC galegas, para difundilas entre as entidades de acción social de Galicia.

PROGRAMA

09:45 h. Presentación. Mar Pereira, Directora da AMTEGA
10:00 h. Presentación de produtos TIC para a inclusión social (exposición de 15 min para cada produto) *
11.30 h. Descanso
12.00 h Presentación de produtos TIC para a inclusión social (exposición de 15 min para cada produto) *
13:30 h. Mesa redonda “A contribución tecnolóxica ao benestar social: debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades” **
Representantes do sector TIC galego
Representantes de entidades sociais galegas
14:30 h. Clausura da xornada

RELACIÓN DE PRODUTOS TIC PARA A INCLUSIÓN SOCIAL QUE SE VAN PRESENTAR: Exposición de 15 minutos para cada produto
INFOJC, S.L. Javier Cebreiros. Xerente iDigital Box. Plataforma de integración de tecnoloxías para a accesibilidade, destinada a persoas con parálise cerebral.
SCIO SOFT, S.L. Enrique Montero. Conselleiro Delegado Bildtec. Vídeo-interpretación en linguaxe de signos.
ARTEMIS José Cachafeiro. Xerente Módulo PAI de Ecolabora. Diagnóstico integral e seguimento de persoas autistas.
ACADEMIA POSTAL Marta Barros. Responsable de Creación de Contidos e-Learning
Plataforma de formación para persoas con minusvalía auditiva. Plataforma de formación para persoas con minusvalía auditiva a través da linguaxe de signos e pilotaxe para ampliar esta linguaxe para conceptos non existentes.
AYCO INTERNET, S.L Fernando Campos. Xerente Catering. Blackberry e tecnoloxía NFC para xestionar a repartición e a calidade dos produtos de Culinaria, dirixido a persoas dependentes maiores de idade ou persoas discapacitadas.
LEVEL TELECOM, S.L Ismael Menéndez. Adxunto á Dirección Técnica · Simap-Ben. En execución coa colaboración de Cruz Vermella e desenvolvido xunto coa empresa Tecnocoid SL. Localización e monitorización de persoas con demencia. · Benres. Equipos de alarma para residentes e hospitais.
IMAXDI REAL INNOVATION, S.L. Javier A. Osuna. R&D Director Nacodeal. Solucións tecnolóxicas adaptadas para persoas maiores.

IMATIA David Goyanes e Alejandro Ricart
· Ontimize+Integra. Software para o tratamento de persoas con necesidade de apoio.
· Cividas Social. Expediente social único.
ACCEGAL Fátima Mª García Doval Solucións de comunicación e accesibilidade para dispositivos de móbiles ANDROID.
WIRELESS GALICIA Iván Pozuelo. Gestor de proyectos I+D+i Interacce. Interacción multimodal de usuarios con diversidade funcional. Aplicacións para o sector sociosanitario.
CIDADANÍA Ana Lorenzo e Óscar Carballal E-Cidadanía. Aplicativo para a e-participación feito en software libre.

(**) PARTICIPANTES NA MESA REDONDA “A contribución tecnolóxica ao benestar social: debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades”
Modera: Yolanda García Ulla, Directora da Área de Sociedade Dixital da AMTEGA
Representantes do sector TIC galego

  • Lucía Gregorio Rodríguez, Directora Xeral de INEO
  • Luis Alberto Marqués, Xerente de AGASOL
  • David Trigo López, Xerente CLUSTER TIC
  • Víctor López García, Presidente de EGANET
  • José María López Bourio, Presidente de AGESTIC

Representantes das principais entidades sociais galegas

  • Mª Luísa Ansorena, Presidenta da Unión Democrática de Pensionistas e Xubilados de Galicia (UDP FETEGA)
  • Representante Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI)
  • Representante Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG)
  • Representante Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
  • Representante Organización nacional de Persoas Cegas de España en Galicia (ONCE)
  • Representante da Federación de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia (FADEMGA-FEAPS GALICIA)
  • Representante Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia (FEAFES GALICIA)
  • Representante Federación Galega de Institucións para a Síndrome de Down (DOWN GALICIA)
  • Representante Federación de Entidades e Organizacións Protectoras de Persoas con Autismo de Galicia (AUTISMO GALICIA)

 

 

Para formalizar a inscrición poden facelo a través do correo electrónico voluntariadodixital@xunta.es, antes do xoves 22 de novembro de 2012.

-->