AGESTIC

Entrega do premio Emprendedor XXI (Santiago, 13 de xuño)

Javier Guerra, Conselleiro de Economía e Industria, presidirá a entrega do Premio EmprendedorXXI o próximo día 13 de Xuño a partir das 13:00 horas. As 5 empresas finalistas do premio expoñerán os seus proxectos no Centro Cersia, en Santiago de Compostela, no acto que precederá á elección da empresa gañadora. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse a través do seguinte formulario