AGESTIC

Encontro “Cooperativismo: sostibilidade e innovación social”

cooperativismo

Para analizar as posibilidades de emprendemento cooperativo, os seus efectos sobre a calidade na prestación de servizos e as posibilidades de creación de emprego, a Consellería de Traballo e Benestar organiza o Encontro “Cooperativismo: sostibilidade e innovación social”, que terá lugar o venres 4 de xullo de 2014, nas instalacións do Centro Ágora na cidade da Coruña.

O Encontro está dirixido a cooperativistas, emprendedores, técnicos e responsables da prestación de servizos sociais das administracións local e autonómica e doutras entidades públicas e privadas, así como a calquera persoa interesada en xeral.

En xornada de mañá e tarde, contará con relatorios divulgativos e formativos específicos e con presentación de experiencias exitosas e/ou novidosas de fórmulas cooperativas no eido dos servizos sociais, de acordo co programa provisorio que se achega. Ademais, realizarase unha exposición de pósters que recollerá as experiencias cooperativas e cuestións de interese que non se poidan incorporar as sesións do Encontro por limitacións de tempo ou especificidade de contidos e un concurso de fotografía.

Programa e inscrición