AGESTIC

Emprender no rural

A Facultade de Administración e Dirección de Empresas do campus de Lugo da USC acolleu o venres a xornada Emprendemento no sector agroalimentario: unha oportunidade de negocio, organizada pola Universidade e a súa Cátedra Bancaja de Mozos Emprendedores, en colaboración con Bic Galicia e a Fundación CEL. O encontro permitiu reflexionar sobre o impresionante potencial co que conta a provincia de Lugo no ámbito rural, e como o desenvolvemento social e económico deste territorio pode asentar bases fomentando a creación de empresas con actividade no sector agroalimentario...

Fonte: Galiciae Ler máis