AGESTIC

Convocatoria pública para a selección de Expertos TIC no Desenvolvemento de Novos Produtos para empresas TIC de Galicia

Convocatoria pública para a selección de nove candidatos a Expertos TIC no Desenvolvemento de Productos para empresas TIC de Galicia

Anuncio Convocatoria de selección de Expertos TIC

Bases da selección:

Este proxecto englóbase dentro das axudas establecidas na Resolución do 12 de marzo de 2008 (DOG núm. 55, do 18 de marzo) pola que se publican as Bases reguladoras dos incentivos económicos do IGAPE.
O proxecto consiste nun programa de Cualificación Profesional: expertos TIC no desenvolvemento de novos produtos.

O perfíl desexado dos candidatos é:

  • Titulados universitarios en Enxeñería Técnica Informática
  • Titulados en 2º Ciclo de FP - Especialidade de Informática
  • Licenciados en Documentación, Historia e/ou Diplomaturas en Biblioteconomía e Documentación
  • Titulados universitarios en Enxeñaría Industrial
  • Licenciatura en Dereito, sempre que a súa actividade estivera orientada ao Desenvolvemento de Produto.


O proceso de selección dos candidatos levarase a cabo por AGESTIC e polas empresas contratantes atendendo aos principios de transparencia, publicidade e libre concorrencia. Crearase unha Comisión de valoración das solicitudes recibidas, que estará formada polo Presidente de AGESTIC e dous vogais da Asociación.

O baremo para valorar as candidaturas será o seguinte:

  1. Puntuación máxima por Currículum Vítae: 5 puntos
  2. Puntuación máxima por experiencia profesional: 3 puntos
  3. Puntuación máxima por cursos realizados relacionados coas labores a desempeñar: 2 puntos

Citarase para unha entrevista persoal a aqueles candidatos que superen o primeiro proceso de selección, que serán os que obteñan as maiores puntuacións de acordo co baremo antes exposto.

Os seleccionados serán contratados e formados nas empresas participantes neste proxecto. A contratación será por un período dun ano nunha das entidades que interveñen no proxecto e que se atopan ubicadas en Lugo, Ourense, Sada, Poio e Vigo.