Compostweets 2013

Organizado pola empresa Ludica7, o vindeiro día 22 de marzo, a partir das 16:30 horas, terá lugar no salón de actos do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia o Compostweets 2013, III Encontro Anual de Social Media en Galicia (enlace externo a AGESTIC)
Esta xornada vai dirixida preferentemente aos profesionais da web 2.0. e tenta, entre outros aspectos, fomentar o networking entre todos eles.
O programa inclúe unha conferencia de Rodolfo Carpentier, DAD: Digital Assets Deployement, sobre “cómo Internet puede salvar tu empresa o …. hundirla”; un espazo bussines web e unha intervención de Rubén Bastos, Social Media & SEO Director en Elogia, sobre “el marketing digital como acelerador de ventas online”
A entrada será libre e de balde ata completar o aforo.