AGESTIC

Claves e consellos para protexernos ante Heartbleed

virus

O fallo chamado Heartbleed, do que falamos os días pasados dando conta das vulnerabilidades que pode provocar para servizos nos que son esixíbeis as mellores condicións posíbeis de seguridade (por exemplo servizos de banca en liña), segue a dar que falar. Segundo informa hoxe o Colexio Profesional de Enxeñeiros Técnicos en Informática de Murcia (COITIMUR), o erro en cuestión (unha eiva no código de programación do OpenSSL) expuxo a información de millóns de usuarios durante dous anos, cousa que “puido permitir a piratas informáticos recuperar na memoria dos servidores de sitios en liña datos facilitados polos usuarios durante as súas sesións de conexión consideradas seguras”...

Fonte: Código Cero Ler máis