AGESTIC

Búscanse empresas TIC para “I Semana TIC sectorial adicada ao sector Téxtil”

Promovida por: Centro Demostrador TIC de Galicia

Os vindeiros 20, 21 e 22 de marzo terá lugar no CDTIC a “I Semana TIC sectorial adicada ao sector Téxtil” onde:

  • Achegaremos a oferta tecnolóxica de Galicia para as empresas do sector téxtil a través dun catálogo de provedores e solucións tecnolóxicas de Galicia.
  • Sentaremos nunha mesa común a usuarios, empresas do téxtil e desenvolvedores tecnolóxicos para definir os retos de futuro pendentes na aplicación das TICs ao téxtil
  • Amosaremos de forma práctica as solucións máis innovadoras que existen hoxe en día para o sector téxtil.

Para dar cumprimento a estes obxectivos, e confirmada a colaboración do Clúster Téxtil Moda de Galicia -COINTEGA-, solicitamos a vosa colaboración para completar o catálogo de provedores e solucións tecnolóxicas de Galicia, a través do MapaTIC.gal (http://cdtic.xunta.es/mapatic/), co galo de identificar as solucións que ofrece o sector TIC galego neste momento para empresas do téxtil.

Para elo é preciso, que as empresas accedan ao seu perfil no MapaTIC.gal, se xa están rexistrados, ou se rexistren no MapaTIC.gal e, actualicen ou introduzan as solucións tecnolóxicas específicas para o Téxtil antes do vindeiro martes 26 de febreiro. A partir dos datos inseridos no MapaTIC.gal, elaboraremos o Catálogo de Provedores e Solucións Tecnolóxicas para o Téxtil,  que será presentado o vindeiro 20 de marzo.